luns, 25 de novembro de 2013

Novas adquisicións!!!!!

Estamos suscritos a unha nova editorial, a editorial OQO, esta editorial ten contos chuilísimos dos que poderemos disfrutar todos/as.... Estos son os primeiros exemplares que nos enviaron:




 

luns, 4 de novembro de 2013

Inauguración da Biblioteca

 O pasado venres 25 de outubro inauguramos a Biblioteca....Foi un día especial no que todos os cursos baixamos a este pequeno recuncho e disfrutamos de diversas actividades como o cortado dunha cinta, descubrimos os cambios, visionado dunha peli no novo blogue do proceso de cambio, recordamos as normas, reparto de carnets, marcaandeis, e marcapáxinas para todos\as e como en toda inauguración Chisco convidounos a uns ricos aperitivos... Podedes premer na ligazón para velo.....

http://youtu.be/dMWfRzzuZcs

xoves, 24 de outubro de 2013

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS 2013

Co gaio desta data queremos poñer o punto de comezo a nosa biblioteca.... Aquí tedes a mostra do moito que traballamos nestes meses.......





Mañá o celebramos.... Non vos esquenzades!!!!

luns, 14 de outubro de 2013

BENVIDOS Á MIÑA XANELA!!!!

OLA, SON CHISCO, O RATO DUN BURATO MOI ESPECIAL QUE HAI NO COLE DE RANDUFE.... ESTE BURATO É MÁXICO PORQUE ESTÁ CHEO DE AVENTURAS, HISTORIAS, PERSOAXES, RECUNCHOS.....TODO O NECESARIO PARA FACER VOAR A VOSA IMAXINACIÓN..
.OS MESTRES DO EQUIPO DA BIBLIOTECA, ESTE ANO TEÑEN UNS AXUDANTES DE EXCEPCIÓN....OS NENOS E NENAS DO COLE!!!!!...... TODOS E TODAS ESTÁN TRABALLANDO ARREO PARA POÑER TODO A PUNTO E COMEZAR A FUNCIONAR...
 ASÍ QUE ARRANCA NA BIBLIO O CURSO 2013/14!!!!!! E NON VOS ESQUENZADES: EU ESTAREI VIXIANDO DENDE A MIÑA XANELA.....