domingo, 26 de marzo de 2017

Día da Poesía 2017

O pasado martes 21 de Marzo foi o Día Internacional da Poesía. No cole este ano temos a grandísima sorte de ter un Mestre Escritor, e escritor de Poesía, Luis Ahijado, o "Mestre Poeta", así é como o coñecen os Pequenos...

Para conmemorar esta data fixemos un acto de Inauguración como Pistoletazo de Saída para traballar e achegar a Poesía durante as vindeiras semanas ós cativos/as a través de obradoiros que dirixirá o mesmo Luis na Biblioteca....Para este acto contamos coa súa presenza e a de 2 periodistas que fixeron para todos unha Roda de Prensa moi particular,, na que tamén presentou os seus libros publicados...O profe Fernando foi o que puso a nota musical....
Por aquí deixo algunhas fotiños para que o vexades...










Festa do Cine 2017

Deixamos por aquí, unha pequena recopilación do que foi a Festa do Cine no Entroido. Recordade que temos o Cd con cada actuación a vosa disposición...



venres, 3 de marzo de 2017

ENTROIDO"UN COLE DE PELÍCULA"

COMO BEN SABEDES ESTE ANO ESTAMOS TRABALLANDO DENDE A BIBLIOTECA O CINE...E NON PODÍA SER MENOS ADICAMOS O ENTROIDO A ESTE TEMA....ASÍ TODOS E TODAS PREPARAMOS DURANTE TODO O MES CURTAMETRAXES, MUSICAIS, OBRAS DE TEATRO, ETC.... E COMO COLOFÓN A FESTA DE ENTROIDO FOI UN FESTIVAL DE CINE EN TODA REGRA, CON PHOTHOCALL, VISIONADO DAS ACTIVIDADES GRABADAS ANTERIORMENTE, ENTREGA DE PREMIOS, PETISCOS, E DEMAIS....
POR AQUÍ VOS DEIXAMOS A LIGAZÓN DAS FOTOS DO "PHOTHOCALL" PARA QUE VEXADES O GUAPOS E GUAPAS QUE ESTABAMOS TODOS VESTIDOS DE GALA
http://ceiprandufe.blogaliza.org/2017/03/01/un-cole-de-pelicula/

mércores, 1 de marzo de 2017

Día da Paz 2017

Este ano para conmemorar o Dia da Paz estivemos traballando "O Principiño"....Todos os cursos adicamos moito tempo a preparar murais, visionar a versión en Cine da obra e a sacar conclusións das frases mais relevantes....Deixamos por aquí, unha pequena mostra das actividades que fixemos para festexar esta Data....

Entrevista  a Antoine Saint-Exupéry dos nenos/as de 5º de Primaria