xoves, 26 de outubro de 2017

E por fín, contacontos familiares!!

Hoxe tivemos o inmenso pracer de contar con Cristina Fernández, quen desinteresadamente e co único propósito de que pasaramos unha tarde diferente, agasallounos coa súa particular e divertida forma de contar os contos. Pasamos unha tarde xenial e entretida coas nosas familias, as cales lle agradecemos a calurosa acollida desta nova andaina. Moitas grazas ás que nos acompañastes e moitas grazas a Cristina, xa estamos desexando terte outra vez na biblioteca, co teu sombreiro máxico e a túa galiña azul. Aquí deixamos algúns momentos desta tarde lectora en familia!! Grazas
Contacontos familiares 1 from CEIP de Randufe on Vimeo.

Novas no recuncho

Recuncho Novas from CEIP de Randufe on Vimeo.

mércores, 25 de outubro de 2017

Certame de poesía: Polo Samaín poesía sen fin

Na nosa biblioteca traballase arreo para que non vos esquezades da importancia que teñen nas nosas vidas os libros. Esta semaana propoñemos un certame de poesía co fín de experimentar e crear. A modo de talleres, cada clase elaborará as súas poesías. Aquí vos deixamos o cartaz.

martes, 24 de outubro de 2017

Lemos en familia??

Aquí deixamos o folleto que vos enviamos hoxe. Esperamos que lle quitedes moito proveito. Animade a outros pais e nais a lelo e coñecer os beneficios da lectura!!

A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar

A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar é o lema deste ano para as bibliotecas escolares. É parte fundamental do noso día a día na escola, que o noso alumnado aprenda a pensar, dunha maneira autónoma, reflexiva, crítica, e unha das chaves para acadalo é lendo. A nosa biblioteca abre as portas para que isto sexa posible día a día. Deixámosvos unha presentación que se elaborou dende o equipo de biblioteca para os noso alumnado, para motivar esta celebración tan importante das nosas bibliotecas.


luns, 23 de outubro de 2017

Mochilas viaxeiras

Hoxe por fin resolvemos o misterio, Chisco, o noso rato de biblioteca tiña unha gran sorpresa para todos e todas... Unhas chulísimas mochilas que viaxarán as nosas casas cargadiñas de saber: contos, libros de consulta, música, un libro para papá e mamá, banda deseñada e máis recursos cos que sen dúbida compartiremos momentos en familia arredor da lectura.
 Mirade que cara de alegría levabamos!!!!










venres, 20 de outubro de 2017

Contacontos familiares

Esta semana andamos a tope de celebracións!! A nosa biblioteca ben o merece, non sí?
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!


Máis sobre o día da biblioteca escolar

O luns coñezamos coas celebracións do día das bibliotecas escolares. Para o luns temos previsto que todos e todas visitedes por quendas a biblioteca, alí descubriremos xunt@s o que agocha esa caixa misteriosa...
E sabedes? Un conto sobre un león que visita unha biblioteca vai sorprendervos, un león diferente aos que coñecemos, é obediente, silencioso e sempre puntual. Contarémosvos esta historia que nos vai recordar algunhas cousiñas...
Deixámosvos tamén o cartel promocional do Día  das bibliotecas escolares, ilustrado por Xosé Tomás, o mesmiño co que pintamos o noso estupendo mural de Rosalía na entrada do colexio. Ata o luns!!


xoves, 19 de outubro de 2017

Día das bibliotecas+ Caixa misteriosa

O próximo luns 23 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, dándolle ao día a importancia que merece, facendo actividades con vós para que entre todos e todas construamos unha biblioteca na que facer descubertas xunt@s e deixar que sexa unha colección de libros ordeados, a ser un espazo no que descubrir, explorar, curiosear, imaxinar e por suposto ler.
Para empezar esta andaina temos novas que nos axudarán a desfrutar da lectura e todos os materiais que temos na nosa fantástica biblioteca, e como novidade acompañaranvos as vosas familias.  Onte chegou unha caixa cheiña de 11 cousiñas... Que serán?? Deixámosvos a foto para que fagades un exercicio detectivesco!! O luns descubriremos o segredo que agocha esa caixa misteriosa.

luns, 16 de outubro de 2017

Non máis lumes. Manuel María

Hoxe tristemente todos choramos pola nosa Terra. Dende o equipo de biblioteca, vos deixamos este poema que fai anos escribiu Manuel María e co que hoxe nos sentimos identificad@s. Aquí volo deixamos para que reflexionemos e pensemos... Non máis lumes!!


Cando o outono derrama xeneroso
o seu aceso ouro sobre as cousas
ou o verán ceiba os seus cabalos
tolos, desbocados e salvaxes,
xorde o incendio
con todo o seu imperio asoballante,
co seu galopar cego e cruel,
co seu bruído de mar e furacán
e o seu absurdo furor irracional.
E os rañaceos caen derrubados,
retórcense os ferros como cobras,
desplómanse as paredes
cun bruído de morte irremediábel.
Cando mans criminais queiman a fraga
e arden os vellos bosques sacros,
habitados aínda polos deuses,
algo, fondo e nobre, arde tamén:
un anaco de patria,
parte indivisíbel de nós mesmos.
Os animais morren abrasados
nos seus tobos de medo,
sacrificados parvamente
a unha crueldade inútil e inhumana.
As aves foxen asustadas
vertendo no ar os seus clamores.
O fume, mouro e mesto, sobe ao ceo
como unha bafarada de arrepío.
E as estrelas contemplas estantías
o colérico incendio destrutor,
ignorante e fermoso, que avanza e retrocede
vestido de amarelo e de vermello.



Manuel María. Cecais hai unha luz


xoves, 5 de outubro de 2017

Debuxos molóns!!!

Esta semana podemos admirar no noso recuncho de novas, as marabillosas ilustracións coas que Anxo Fariña acompañou as súas fantásticas historias... Está xenial ollar tan pretiño os seus debuxos. Grazas Anxo pola túa creatividade!!!




mércores, 4 de outubro de 2017

Anxo Fariña. Educación Infantil....

Aquí vos deixamos unha pequena recopilación da xornada na que recibimos a Anxo Fariña...Os nenos/as de 5 anos despois de investigar e coñecer moitas cousiñas e traballos deste autor, estabamos ansiosos /as por  que chegara o día...O pasamos xenial e despois na aula fixemos algunhas actividades divertidas...Moitas grazas Anxo!!! Volve cando queiras.....